Máis da metade dos españois xa están vacinados

Máis do 50% dos españois (24,04 millóns de cidadáns) xa recibiron as doses necesarias para completar a súa pauta de vacinación. España posiciónase así entre os países que máis rápido avanzan en Europa para inmunizar á súa poboación. Mentres, a Covid-19 está a cebarse cos mozos. Nos últimos días, a incidencia do virus en España triplicouse entre a poboación de 20 a 29 anos. Os motivos débense a que moitos deles non están nin inmunizados nin vacinados. Os expertos piden aos mozos que non se relaxen, xa que ademais do risco de transmitir a enfermidade, esta tamén pode ser moi perigosa para eles. Ademais, este sector da poboación non adoita respectar a distancia de seguridade, xa que tenden a xuntarse moito máis. En total, 10.343 persoas con covid de entre 10 e 29 anos estiveron hospitalizados no último ano. Entre elas, unhas 500 pasaron por coidados intensivos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha