Máis de 450 participantes coincidirán o 17 de maio en Carballo no Día do Pequebasket

1 minutes read

A organización do 11º Día do Pequebasket pechou a inscrición con 42 equipos e máis de 450 participantes polo que as expectativas da Escola Basket Xiria, vense superadas ao cubrir a totalidade da inscrición.

Isto lévanos a unha previsión de visitantes sobre unas 2000 persoas, que se trasladen para ver os seus fillos e fillas iniciándose na práctica do BA LON CES TO, e aproveitando para visitar no Día das Letras GalegasConcello de Carballo. Con este evento onde unimos deporte, cultura e turismo, este incremento de visitantes nun día festivo ten unha gran importancia para os negocios e a hostalería local, que sempre colaboran coa organización.

A Presentación do evento será o mércores 14/05, en lugar aínda por concretar, onde se darán máis datos sobre os equipos, clubs, participantes e patrocinadores que acompañarán este 11º Día do Pequebasket en Carballo.