McDonald’s continúa avanzando co seu ambicioso plan de expansión e segue apostando por Galicia coa apertura do seu primeiro restaurante en Carballo. Situado no parque comercial e de lecer da Revolta, trátase do establecemento número 9 na provincia da Coruña e do 23 en toda a comunidade autónoma.
Esta apertura dará un impulso ao emprego local coa creación de 51 novos postos de traballo. Para esta selección de persoal contouse coa intermediación da Bolsa de Traballo do Concello de Carballo, que foi a encargada da xestión das candidaturas xunto co equipo de RR.HH. da franquiada, Katty López. Neste sentido, a empresaria e socia de McDonald’s,comenta: “Estou moi orgullosa do gran equipo que fixo posible a apertura do primeiro restaurante McDonald’s de Carballo. Quero agradecer a todas as persoas implicadas polo seu traballo, dedicación e compromiso. A chegada da nosa compañía a esta localidade é unha gran noticia, xa que estamos a contribuír unha vez máis á creación de emprego local. Desde hoxe esperamos recibir a todas as persoas que desexen achegarse para gozar de bos momentos e da mellor experiencia McDonald’s”.
Pola súa banda, David Lerma, director Rexión Oeste de McDonald’s España, destaca: “Galicia é unha rexión crave para McDonald’s. Con esta apertura, que se suma ás catro realizadas en distintas zonas da comunidade autónoma en decembro pasado, seguimos facendo posible o plan de expansión da nosa compañía a través dun negocio sostible e responsable. Traballamos así para xerar un impacto positivo na sociedade, contribuíndo á economía española e á creación de emprego, guiados sempre polo noso propósito: apoiar ás comunidades nas que estamos presentes”.
O restaurante conta cunha superficie de 340 metros cadrados e terraza exterior de 177 metros cadrados. Dispón de quioscos dixitais, servizo a mesa, o espazo McCafé, para gozar dunha gran variedade de cafés e produtos doces ou salgados en calquera momento do día, e servizo de McDelivery, para que os clientes que o desexen poidan recibir os seus pedidos comodamente en casa ou no lugar que elixan.
O establecemento conta ademais co servizo directo ao coche McAuto e cun Play Place, zona de xogos para que os máis pequenos da familia se divirtan durante a súa visita ao restaurante.