Medio Rural destaca a calidade e excelencia dos viños de Valdeorras na XXVI Cata de Viños

1 minutes read

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, asistiu á Gala de Entrega de Premios da XXVI Cata dos Viños de Valdeorras, un evento que recoñece a excelencia e calidade dos viños amparados por esta denominación de orixe ourensá, cuxos galardóns foron outorgados en función dunha cata oficial realizada previamente.

A Denominación de Orixe Valdeorras conta con 1.200 hectáreas inscritas, 978 viticultores e 41 adegas. En 2024 rexistrouse unha produción de máis de 8,2 millóns de quilos de uva e case 4,9 millóns de litros de viño cualificados, cun valor económico estimado de 41 millóns de euros. Entre os seus viños máis emblemáticos destacan os brancos de godello e os tintos de mencía, referentes da calidade vitivinícola galega.