Miguel Ramos, do IES de Baio, premio extraordinario de ESO ao rendemento académico do curso 2024-2025

Cunha grande alegría, compañeiros e profesores, transmitíronlle os seus parabéns a Miguel Ramos Pastoriza polo premio extraordinario de ESO ao rendemento académico do curso 2024-2025, un premio que foi froito do seu esforzo, dedicación e capacidade, e que foi o único que o conseguiu de toda a Costa da Morte.
Para optar a estre premio, do que só se conceden 20 en toda Galicia, é preciso obter unha cualificación media dos catro cursos de ESO superior a 9 puntos e, a continuación, superar, no mes de xullo, unha proba de coñecementos do cuarto curso, acadando o premio as 20 persoas que obteñan unha mellor cualificación nesa proba.
Desta maneira, felicitaron a Miguel polo seu extraordinario rendemento ao longo de toda a etapa, que se ve reflictido neste premio, e animámolo a continuar nesta liña no futuro.
Trasladáronlle a noraboa tamén á súa familia e ao equipo docente do IES Maximino Romero de Lema polo apoio ao seu talento e polo acompañamento que lle prestou e presta, que sen dúbida son esenciais para este éxito.
E, finalmente, transmitíronlle o orgullo que supón para esa Comunidade Educativa ter no Centro a un alumno como Miguel, que non é máis que o reflexo dos bos resultados, da boa formación do seu alumnado e do seu éxito en todas as etapas educativas e que se comproba nas distintas probas externas (avaliacións de diagnóstico, PAU, …).

Related posts

Carballo conmemora o 8M cunha programación que une cultura, participación e empoderamento feminino

Dúas motoristas resultaron feridas logo de colidir unha moto e un coche en Coristanco

Íntegro lanza unha campaña para conmemorar o 8M e promover a igualdade