Móbiles antigos, computadores, televisores e consolas poderían quedar sen Internet en breve


Na internet a seguridade é un elemento crítico, así que para manter uns parámetros mínimos, de cando en vez prodúcese un ultimato: se os dispositivos antigos non se actualizan, non se lles permite conectarse a Internet. Un deses ultimatos vai producirse en breve, e o problema é que aínda que queiras actualizar, poida que non exista o parche de actualización. O 30 de setembro, millóns de móbiles vellos, PCs, consolas ou televisores, poderían deixar de conectarse a Internet, o 30% dos móbiles Android poderían comezar a dar erros de conexión. Tamén vellos iPhone, ordenadores Mac e PCs, consolas como a Nintendo 3 DS ou PS3, televisores ou altofalantes intelixentes. Os máis problemáticos serán os móbiles e tablets Android antigos. Moitos deles só recibiron actualizacións de Android durante dous anos, e é posible que non exista parche para obter o novo certificado de seguridade.