Moción do BNG larachés contra a nova tarifa eléctrica do Goberno central

1 minutes read

O BNG da Laracha rexistrou unha moción en contra da nova tarifa eléctrica aprobada pola Executiva de Pedro Sánchez. No vindeiro pleno os nacionalistas demandarán «o acordo da Corporación para comunicar ao Goberno central o rexeitamento desta abusiva tarifa, máis aínda nun país como Galiza no que producimos un 30% máis de enerxía da que consumimos», sinala o escrito.

A través do seu portavoz, Xoán M. Sande Muñiz, os nacionalistas laracheses tamén instan á Corporación a reclamar un IVE reducido do 4% para «un ben de primeira necesidade como é o da enerxía eléctrica -ademáis da eliminación do imposto especial-». Ademais, piden a modificación da Lei 24/2013, do sector eléctrico, de maneira que o prezo da electricidade se estipule en función dos custos de xeración de cada tecnoloxía.