Morre o batería da orquestra Olympus aos 43 anos

Anxo Suárez, era natural de Francelos (Ribadavia), tiña 43 anos e levaba xa uns cuantos como metais e músico da coñecida orquestra Olympus de Negreira, a cal quixo despedirse del cunha emotiva mensaxe nas súas redes sociais:

“Desde a dirección da Orquestra Olympus, os teus compañeiros de traballo e amigos. Hoxe é un día moi triste para todos nós, sempre che lembraremos como o noso Anxo, tantos anos dándolle ás baquetas, organizando o repertorio, tantos sorrisos, tantos momentos de felicidade, tantos momentos difíciles e sempre tirando para adiante. Déixasnos un baleiro moi difícil de superar en todos os aspectos pero Deus quixo este destino. Desde onde esteas segue facendo o que máis che gustaba, tocar a batería. Darlle o noso máis sentido pésame a toda a familia e aos seus seres queridos. D.E. P. Sempre che lembraremos así”.

Este medio quere unirse en trasladar as súas condolencias e apoio a todos os seus fans, os seus compañeiros de formación, os seus amigos e sobre todo á súa familia. Moito ánimo.