Un home faleceu este pasado sábado mentres estaba detido nos calabozos da Comandancia da Garda Civil da Coruña, segundo informaba este domingo o instituto armado.
A Garda Civil explicou que a persoa detida sufrira unha indisposición e deuse aviso «inmediatamente» ao 061, desde onde desprazaron unha ambulancia medicalizada.
O persoal do servizo de urxencias médicas atendeuno «sen que puidese facer nada por salvar a súa vida» e certificou ou deceso.
O instituto armado sinalou que, ao atoparse a persoa falecida baixo custodia policial, o suceso implica a apertura dunha investigación xudicial, «o que impide achegar máis información polo momento».
Trátase, precisaron fontes consultadas, dun home que foi arrestado nun operativo contra o tráfico de estupefacientes realizado o pasado venres no municipio coruñés de Noia.
