0
Un mariñeiro falecía este martes tras sufrir un accidente laboral a bordo dunha embarcación pesqueira que pescaba na Costa da Vela, na península do Morrazo, preto das illas Cíes.
En concreto, o sinistro produciuse pouco despois da medianoite, cando o falecido operaba no barco Praia de Cesantes, un pesqueiro do cerco, que atracou posteriormente de madrugada no porto de Vigo, no Bervés, co cádaver a bordo.
A Policía Xudicial da Garda Civil asumiu a investigación deste caso.
Tras o levantamento do cadáver, practicaráselle a autopsia para determinar as causas da morte.