Morre unha muller en Santiago atropelada polo tren turístico

0 minutes read

O suceso produciuse no centro da cidade, na rúa Virxe da Cerca, fronte ás escaleiras que soben ao mercado de abastos á altura do número 6, pasadas as 12:00 do mediodía deste venres. A falecida, duns 60 anos, quedou atrapada tras o atropelo, polo que os efectivos desprazados ao lugar tiveron que liberar o corpo. Fontes do Concello de Santiago confirmaron a morte da muller e precisaron que as circunstancias do atropelo están sendo investigadas. O tráfico estivo cortado dende a praza de Galicia en dirección á Virxe da Cerca.