Movistar reforzou e ampliou a súa cobertura 5G este verán para ofrecela en 500 municipios turísticos de toda España, tanto en zonas costeiras como de interior, con gran afluencia de visitantes en datas estivais.
As comunidades autónomas onde Movistar despregou máis emprazamentos para dar resposta ás necesidades de conectividade no verán son Andalucía, Baleares, Canarias, Comunidade Valenciana, Cataluña, Galicia, Cantabria e Asturias, aínda que a operadora está presente en municipios de todas as CCAA de España para asegurar a capilaridade da cobertura 5G. As instalacións de reforzo estival quedarán nos municipios unha vez terminada a tempada de verán.
En concreto, o 5G de Movistar alcanza un total de 442 poboacións de praia, de modo que a operadora chega a todo o litoral do territorio nacional, desde pequenas localidades costeiras, como por exemplo Muxía ou Cudillero, ata outras maiores como Fuengirola ou Torrevieja.
Así mesmo, 56 municipios de provincias de interior con afluencia de visitantes no verán ofrecen cobertura 5G de Movistar, mesmo en poboacións de menos de 1.000 habitantes como por exemplo Esterri d’Àneu (Lérida), Parada do Sil (Ourense), Enix (Almería) ou Villares del Saz (Cuenca), entre outras.
Movistar instalará como novidade este ano un total de 14 unidades temporais que atenderán as necesidades de conectividade en puntos onde hai un gran incremento da demanda en momentos específicos, como poden ser festivais de música ou lugares de cámping con gran ocupación no verán que baixa de forma considerable o resto do ano.
Este ano Movistar despregou o seu plan verán tanto en 700 MHz como en 3.500 MHz, dúas bandas complementarias posto que a primeira é especialmente útil para a cobertura de interiores, como as vivendas, mentres que a de 3.500 permite incrementar a velocidade en zonas máis extensas.
Con este despregamento de verán, no que Movistar traballa con varios meses de antelación, a operadora segue avanzando na súa cobertura 5G, que xa chega a máis do 85% da poboación coa instalación de nodos que cobren 40 millóns de habitantes e máis de 2.000 municipios de toda España. Neste avance cabe destacar o valor da colaboración público-privada para impulsar a conectividade en todos os recunchos do territorio.
No que resta de ano, Movistar seguirá ampliando e reforzando a cobertura para chegar o máximo de poboación de todo o territorio. Neste sentido, a operadora, líder en Europa en fibra, considera fundamental a combinación da fibra co 5G para ofrecer a mellor conectividade aos usuarios.