Multiplícanse os casos de estafa en WhatsApp e Bizum


A Garda Civil alerta dun novo timo que implica a Bizum e a WhatsApp e que se non temos coidado pode significar perder ata 50 euros. Así é como funciona e así podes evitalo. Ti estas tan tranquilo na casa e chégache un WhatsApp dun numero que non tes na túa lista de contactos que che di que, sen querer, fíxoche un Bizum de 50 euros que ía para un artista que lle facía un traballo e que ten un número case idéntico ao teu. Despois de falar, cando decides que vale, que llo crees e que lle vas a facer un Bizum, el diche que non ten, que se lle podes facer unha transferencia.

A clave é que esta persoa non ten Bizum xa que o número que está a usar para falar contigo é falso, está creado para facerche crer que de verdade ten case o mesmo número de teléfono que ti. Se caes na trampa, ao facer unha transferencia, as posibilidades de recuperar o diñeiro son moi baixas, polo que a Garda Civil insta a estar atentos ante este tipo de prácticas, sobre todo cando veñan de números descoñecidos.