Musk limita o número de publicacións que os usuarios poden ler en Twitter

1 minutes read

Elon Musk, anunciou este sábado que decidiu limitar o número de publicacións ás que teñen acceso os usuarios de Twitter de forma “temporal”. Musk concretou que os usuarios que teñan unha conta verificada, esto é, unha conta de pago, poderán visualizar ata 6.000 posts ao día, fronte a os 600 que poden ver os membros que non teñen unha conta verificada. Pola súa banda, as persoas que se rexistren por primeira vez na plataforma terán acceso a só 300 publicacións diarias. O anuncio non especifica se o límite se aplica á lectura directa dun chío ou ao visionado das publicacións que aparecen na cronoloxía da pantalla principal dunha conta. Esto prodúcese despois de que miles de usuarios reportasen problemas para acceder á rede social, segundo a páxina de seguimento Downdetector. Algúns informaron de que, ao tentalo, aparecen mensaxes que informan de que “se excedeu o límite” ou “non se poden mostrar os chíos”.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?