Natación | Bronce para Carlos Casal, da A.D. Fogar, no Nacional Infantil de Ciudad Real

1 minutes read

Do 17 ao 20 de xullo, Alba Lamas e Noa Ferreiro de 14 anos e Carlos Casal e Manuel López de 15, representaron á A.D. Fogar no Campionato de España de Natación Infantil de Verán celebrado na piscina do Polideportivo Rey Juan Carlos I de Ciudad Real. O torneo nacional contou co concurso de 221 clubs e 669 nadadores-as de 14 e 15 anos que competiron baixo o formato de eliminatorias e unha única final por ano de nacemento. No que respecta aos da S.D. Fogar, Carlos Casal nadou dúas finais de 15 anos obtendo a medalla de bronce nos 200 braza e o 5º posto nos 100 braza e foi tamén 11º nos 200 estilos e 15º nos 50 braza; mentres que Manuel López rematou na 17ª praza dos de 15 anos na proba dos 200 bolboreta. Na categoría feminina Alba Lamas nadou a final de 14 anos dos 200 costas rematando na 8ª posición e batendo o mellor rexistro absoluto do club e foi ademáis 14º nos 100 costas; mentres que a mellor proba de Noa Ferreiro foi a dos 800 libres onde clasificou a 19ª das de 14 anos. @s nos@s nadaron tamén a remuda mixta dos 4×100 estilos clasificando nunha moi meritoria 9ª praza establecendo unha nova mellor marca infantil do club con Alba na posta de costas, Carlos na de braza, Manuel na de bolboreta e Noa na de crol.

+Info,AD Fogar.