12
O Mercado Artesán de Baio inaugurouse este sábado cun notable éxito de participación, reunindo a numeroso público desde primeira hora. A iniciativa, organizado polo Concello de Zas coa colaboración da Asociación de Comercios, Hostalaría e Servizos BAION, contou coa intervención do alcalde Manuel Muíño e da presidenta da entidade, Berta Reymúndez, quen destacou a boa acollida do evento nesta segunda edición.
O alcalde Manuel Muíño sinalou que «é unha satisfacción comprobar a resposta da veciñanza e das persoas visitantes, o que demostra que o Mercado Artesán de Baio é xa unha cita consolidada». O mercado continúa o domingo.