Nove dos triatletas compiten esta fin de semana en Roquetas de Mar na segunda das xornadas da Liga Nacional de Tríatlon na que os da A.D. Fogar de Carballo e Oleiros veñen tomando parte neste 2026 na segunda división masculina grazas en parte ao patrocinio Xunta-Abanca. Nesta xornada central de Roquetas dispútanse dúas probas con 1.700 triatletas en liza, o Campionato de España de Tríatlon por Clubs e o nacional de Tríatlon Supersprint de Remudas por Parellas.
Logo da primeira xornada celebrada en Águilas os pasados 9 e 10 de maio, os deportistas da A.D. Fogar marchan nunha meritoria 7ª praza dos 15 equipos participantes co obxectivo de a lo menos poder manter a categoría por segundo ano consecutivo.
Na mañá do sábado 30 de maio abriranse as competicións co Campionato de España de Tríatlon por Clubs, un dos eventos de máis participación do ano sobre distancia sprint (750 metros de natación, 20 quilómetros de ciclismo e 5 quilómetros de carreira).
Na mañá do domingo 31 disputarase o Campionato de España de Tríatlon SuperSprint de Remudas por Parellas, no que cada parella terá que completar as distancias de 300 metros de natación, 6’6 quilómetros de ciclismo e 1’6 quilómetros de carreira a pé.