Numerosa concentración na Laracha contra o proxecto de planta de biogás prevista para Soandres

1 minutes read

Na protesta, coordinada polo colectivo ‘Stop Biogás A Laracha’, participaron diferentes representantes políticos dos municipios afectados, entre eles o alcalde de Culleredo, o coordinador comarcal e a voceira socialista da Laracha, ademais doutros representantes das vilas afectadas. Tamén estivo presente Aitor Bouza, deputado do PSdeG-PSOE no Parlamento Galego. 

A manifestación arrincaba ás 12.00 horas desde a praza Les Sables d’Olonne, transcurría polo casco urbán e finalizaba na Praza do Concello, donde representantes do colectivo veciñal lían un manifesto. Todos coincidían en afirmar que este proxecto é un atentado contra o medio ambiente e contra á forma de vida dos veciños da Laracha que non van ver ningún beneficio con esta nova planta de biogás.

Este polémico proxecto, que está en fase de alegacións, conta xa co posicionamento en contra do propio Concello, dos grupos políticos, da Deputación da Coruña e dos concellos limítrofes que, xunto coa veciñanza, están preocupados polas consecuencias medioambientais dos vertidos de residuos líquidos ao río Anllóns así como a posible contaminación do aire que respiramos.

Algunhas fontes afirman que poderían ser en cantidade equivalente a 2.000 camións cisterna cada ano. Polo impacto que iso tería nos hábitats do río e na propia poboación que capta auga do río para o seu consumo a veciñanza reclama con toda a súa forza que a planta de biogás non se instale en Soandres.