0
O BNG de Laxe alertou do que definiu como ‘progresivo declive’ do Entroido, unha festa crave para a identidade e a tradición local. Segundo os nacionalistas, a celebración careceu de planificación, innovación, investimento e colaboración coas asociacións.
Denuncian tamén que a figura do Caietano, creada para revitalizar o Entroido, perdeu protagonismo, e que as asociacións locais están a quedar nun segundo plano.
O BNG reclama máis apoio ás asociacións, recuperar o protagonismo do Caietano, promover unha programación participativa e asumir un compromiso real coa cultura local.
“Laxe merece un Entroido vivo, forte e con futuro”, conclúen.