A súa portavoz, Carolina Castiñeiras, declarou que “non hai excusa para que un goberno municipal en maioría non teña cumprido coa sua obriga de presentalos e aprobalos antes de final de ano”, e recordou que “xa o ano pasado houbo retraso e aprobáronse os orzamentos comezado o novo ano, porén”, continuou Carolina, “fomos comprensivos ca súa explicación de que se tiñan que incorporar a el proxectos de moita envergadura e orzamento, como as obras de rehabilitación da casa consistorial e o edificio interxeracional. Mais este ano non hai nada disto”. Dende o BNG din ser conscientes da situación que se está a vivir no concello coa suma de varias baixas entre o funcionariado, mais isto, lonxe de servir como excusa o que fai é evidenciar a nula capacidade de xestión do goberno municipal. Dende o BNG instan o goberno municipal a presentar canto antes os orzamentos municipais, ferramenta indispensábel para a xestión do municipio e para que a veciñanza saiba en que se van investir os cartos.
Noutro orden de cousas
Segundo Castiñeiras, “as obras públicas tardan mais de un ano en comezar desde que se licitan, o cal xa se fai con moito retraso tamén, e despois eternízanse na execución e nin sequera quedan ben, tendo que ser arranxadas nun par de anos, como no caso das pistas polideportivas descubertas de Leborís”. Carolina rematou a súa intervención manifestando que “por iso nos parece ben, como un mal menor, que os cartosque se achegan dende o Plan único da Deputación, de xestión nacionalista no bioartito provincial, se destinasen a gasto corrente, polo menos sabemos que eses cartos se investirán no funcionamento do día a día do concello, xa que se demostra que son incapaces de xestionar un volume de obras por importe dun millón de euros”.