O BNG da Laracha reivindica a mellora da atención primaria no municipio

1 minutes read

A formación nacionalista presentou publicamente unha campaña informativa e de recollida de sinaturas para demandar que o Centro de Saúde conte, por fin, con consultas médicas en horario de tarde. Na presentación participaron os concelleiros e membros do BNG local, acompañados polo responsable comarcal, Xosé Manuel Pose, e o deputado autonómico, Óscar Ínsua.

Dende o BNG denuncian que A Laracha é o único concello de máis de 10.000 habitantes de toda a área sanitaria da Coruña e Cee que aínda non ofrece consultas de tarde. Así, a portavoz do BNG da Laracha, Carolina Castiñeiras declarou que “esta é unha promesa electoral incumprida polo PP local dende hai anos, e malia que o BNG levou a proposta ao Pleno xa en 2019 e presentou emendas reiteradas aos Orzamentos da Xunta (incluído este ano), a resposta do goberno sempre foi negativa alegando falta de persoal».

A formación fai un chamamento para que se participe coa sinatura e se faga presión social para que a Xunta de Galicia e o Concello deixen de ignorar unha demanda que afecta directamente á calidade de vida do conxunto da veciñanza do concello, conclúen.