O BNG de Camariñas pide ‘actuar con urxencia’ sobre o actual estado do Museo de Man

1 minutes read
  • Os nacionalistas afirman que rexistra filtracións de auga e a cuberta “ten pingueiras por todos os lados”.

“É urxente e prioritario actuar canto antes”, sinalou a formación nacionalista, que considera “necesario e moi importante” acometer un arranxo integral da cuberta do museo, para evitar o deterioro de todas as pezas que nel se expoñen.

O voceiro do BNG camariñán, Xurxo Rodríguez, avanzou que pedirán ao equipo de goberno que nos vindeiros orzamentos municipais se habilite unha partida específica para a rehabilitación de toda a cuberta do museo.

“Non podemos permitir que o goberno local faga dispendios en novas inversións que non nos podemos permitir, cando logo temos outras instalacións que non son capaces de manter nunhas mínimas condicións”, recriminou o portavoz da organización nacionalista.