O BNG de Vimianzo denuncia vertedura de augas fecais no río de Vilar

1 minutes read

Segundo os nacionalistas, na actualidade se está producindo concretamente na estación bombeo da “Braña da Grixa”. Ademais das augas residuais, a zona encheuse tamén de restos de papeis e outros residuos da rede.

A vertedura foi comunicada ao 112 e dous axentes do Seprona achegáronse ao lugar a fin de elaborar o informe, que xa foi trasladado a Augas de Galicia. Segundo informan, esta vertedura xa é a cuarta que se ten denunciado nos dous últimos anos.

A formación nacionalista insistiu que “é intolerable o abandono e os contantes atentados que está sofrindo o río”, e lembran que “estes constantes vertidos, sumados á falta de limpeza durante o verán, está tendo como cosecuencia que na actualidade a biodiversidade do río se atope nunha situación crítica”.

O BNG xa denunciara está situación durante o pleno de setembro, e espera que o goberno local tome medidas ao respecto.