O BNG presentou a Carolina Castiñeiras como candidata á alcaldía da Laracha

1 minutes read

A voceira nacionalista Ana Pontón arroupou a Carolina Castiñeiras nun acto cunha mensaxe especialmente dirixida á mocidade. Pontón pediulle ao electorado máis novo que se implique nas eleccións do 28 maio. Díxolles que a formación achega políticas para transformar os concellos en lugares con oportunidades para a mocidade. Afirmou que o futuro de Galicia pasa porque a poboación máis nova atope posibilidades de vivir e traballar no país.

A candidata deu as grazas a todas e todos os asistentes á Casa da Cultura. Damos o pistoletazo de saída oficial a unha campaña sen postureos de “darse a ver”, demagoxia, nin promesas de proxectos que non se realizaron en 4 anos. “O BNG cumpliu ca Laracha sobradamente dende o goberno da Deputación, e así o faremos dende o goberno da Xunta e o Goberno local. Con todo o empuxe de tanta xente nova que quere unha Laracha cun futuro diferente, e saben que só virá dado por un goberno do BNG”, concluíu.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?