17
A mostra está conformada por pezas únicas creadas con cerámica artesanal elaborada en Buño que transforman a tradición en deseño contemporáneo.
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, felicitou a Alberto Lista pola recente obtención do Premio Artesanía de Galicia. «É un orgullo terte no noso Castelo xunto a teus pais, traballando o barro e ensinándolle ao mundo os tesouros que facedes.»
Durante a inauguración, a concelleira de Cultura reivindicou o valor da olería, unha expresión artística «que forma parte do que somos, da nosa historia, do patrimonio e da cultura».