O CCA acende a maxia do Nadal en Carballo con máis luces, máis ilusión, máis globos e máis premios ca nunca

4 minutes read

O Centro Comercial Aberto (CCA) Carballo arrinca a súa campaña de Nadal, unha proposta pensada para converter as rúas da vila nun espazo de encontro, emoción e solidariedade. Grazas á colaboración de empresas locais, asociacións e entidades públicas, a entidade apostará pola dinamización comercial e a creación de momentos compartidos en familia, reforzando o valor do comercio de proximidade como motor de vida e identidade comunitaria.

A Globoteca: un universo de maxia, cor e premios

O arranque oficial do Nadal contará un ano máis coa esperada Globoteca do CCA, que se iluminará coincidindo co acendido do alumeado municipal. E farao cunha posta en escena chea de luz e fantasía grazas ao patrocinio un ano máis da empresa carballesa Vázquez y Reino.

O espazo, situado entre as rúas Desiderio Varela e Colón, está decorado con máis de 80 globos, dos que 73 agochan premios directos de 100 € para gastar nos comercios participantes. As persoas que merquen desde hoxe nalgún dos establecementos adheridos e identificados cun gran lazo vermello elaborado por Madeixalazos (establecemento local adherido ao CCA e rexentado por Silvana Rama Caamaño), poderán cubrir rifas ata o 5 de xaneiro, e depositalas na urna situada xunto á Globoteca, que este ano incorporará unha novidade interactiva para sorprender ao público visitante.

O 9 de xaneiro terá lugar o gran sorteo final, que este ano contará con dous gañadores/as, que se repartirán os 7.300 € en premios (3.650€ cada un/ha). Os/as afortunados/as terán ata o 9 de xullo para gastar dito importe en cada un dos establecementos adheridos á campaña.

Comercios participantes

A Fragua, A saia da Carolina, Adega O´Lagar, Akira, Aloe Herboristería, Asador Rio Sil, Atelier, Atmósfera Sport, Avanty Publicidade, Becool, Benetton, Bercom Dixital, Buy&Sell, Cafetería Mercado, Calvelo Regalo, Calzados Susa, Cenor, Clarión Libraría, Clínica dental Pico Blanco, Confecciones San Juan, Confitería San Luis, Cristina Morgade, D&A Complementos, Dequip, Doces Soños, donclip, Dv Carballo, Ekaté, Emiliano Moda, Federópticos Nicolás, Ferretería Arán, Florida Centro Joya, Floristería Taibo, Gadis, Informática Valem, Interfilm Carballo, Jorge Moda, Joyería Calvelo Seoane, La Casita de Lu, Lencería – Mercería Mª José, Lenda, Madeixalazos, Maker Store By Allnet, Maloserá Carballo, Maluca Lobe, Merliño Xoguetería, Mister Nutrición Carballo, Moda Suárez, Motos Vitolo, Muebles Fuentes, Multiópticas, O Barco dos Soños, Óptica Enríquez, Orange Carballo, Panadería Forno Novo, Pombo Fotógrafo, Purificación Lema Estética, Rafa Vila Joyerías, Refugallo Zero, Restaurante Albaroque, Restaurante Pementa Rosa, Retoños, Sastrería Miguel, Taberna O Lambón, Teirón Home, Teirón Muller, Teirón Neno, Todo Lar, Upa! Espazo Barefoot, Vessali xoiería, Zapatillería Isabel, Zocas e Zuccaro.

Organiza: CCA Carballo | Patrocina: Vázquez y Reino | Colaboran: Establecementos participantes

A maxia de Papá Noel e os seus elfos chega a Carballo

Despois da calorosa acollida do ano pasado, Papá Noel acudirá de novo á súa cita cos nenos e nenas de Carballo. Do 20 ao 24 de decembro visitará a nosa localidade acompañado dos seus elfos para recoller as ilusións dos máis pequenos/as na súa acolledora casiña de madeira, instalada na Praza do Concello grazas á Concellería de Promoción Económica.

Horarios de visita:

  • 20 ao 23 de decembro: 17:30 – 20:30 h
  • 24 de decembro: 11:00 – 14:00 h

Organizan: CCA Carballo e Concellería de Promoción Económica

Acción solidaria: Circuito PeKeCrossFit, deporte para un Nadal inclusivo

O domingo 4 de xaneiro, a vila acollerá unha actividade que combina deporte, inclusión e solidariedade: o I PeKeCrossFit Inclusivo, impulsado polo CCA Carballo e patrocinado por Vázquez y Reino, coa colaboración do Concello de Carballo e a beneficio da asociación deportiva Un paso máis.

A proposta desenvolverase na carpa transparente instalada na Praza do Concello, en horario de 12:00 a 14:00 h e 17:00 a 19:30 h, e estará dirixida a nenos e nenas menores de 12 anos.

O circuíto incluirá probas de equilibrio, forza, axilidade ou saltos en estacións adaptadas, garantindo unha actividade divertida, segura e accesible. Ademais, a asociación “Un paso máis” achegará dinámicas de sensibilización, como fútbol con balóns sonoros, xogos cooperativos e retos adaptados a persoas con diversidade funcional.

A inscrición, que poderá realizarse a partir do martes 9 en www.carballo.gal ,  terá un prezo solidario de 3 €, destinados integramente aos programas de inclusión da entidade beneficiaria.

Organiza: CCA Carballo | Patrocina: Vázquez y Reino | Colabora: Concello de Carballo e Fundación Luis Calvo Sanz

Horario comercial especial para facilitar as compras locais

Co obxectivo de acompañar á veciñanza nestas datas de maior actividade, os comercios adheridos ao CCA abrirán en horario de mañá e tarde os sábados 13, 20 e 27 de decembro, así como o domingo 4 de xaneiro, coincidindo coa véspera de Reis.

Un Nadal para crear comunidade

Coa súa programación, o CCA Carballo aposta por un Nadal que vai máis aló das luces e das compras: un Nadal centrado nas persoas, na actividade compartida e na importancia de fortalecer o tecido comercial e social da vila.

Un ano máis, desde o CCA promovemos iniciativas que fomenten o consumo responsable, apoiando ao pequeno comercio e ofrecendo experiencias e valores que perduren máis alá das festas. Porque mercando en Carballo, saímos gañando: gañan as persoas, gaña o comercio e gaña a nosa comunidade.