O CCA Carballo impulsa a II edición de BioSaúde, o 9 e 10 de maio, con 17 expositores participantes

1 minutes read

O Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo organizará os días 9 e 10 de maio a segunda edición de BioSaúde, un espazo de encontro arredor da saúde, o benestar e o respecto pola natureza que busca promover un consumo responsable, hábitos de vida saudables e unha maior conciencia ambiental. A feira celebrarase ao aire libre na Praza do Concello e contará coa participación de dezasete expositores a maiores do da organización, na súa maioría locais, pertencentes a sectores como a alimentación, a cosmética natural, a moda sostible, as terapias alternativas, a nutrición ou os produtos de hixiene e limpeza ecolóxica. É importante lembrar que en caso de choiva, a feira trasladarase ao segundo andar do Mercado Municipal.

STAND (18)SECTOR
1.       A despensa que pensaAlimentación
2.       Adega O ‘LagarProdutos gourmet
3.       Aloe estéticaProdutos estética
4.       Aloe herboristeríaHerboristería
5.       AnxaimaModa sostible e orgánica
6.       Asociación Íntegro (só domingo)Artigos Diversiplás e Bicos de Amora
7.       Azue Vida NaturalCosmética natural e artesanal
8.       Cafés Lúa (Coffeetruck)Café ecolóxico
9.       CCA CarballoPunto informativo (organización)
10.    Codesal Mel e LicoresAlimentación
11.    Lácteos AmeixendaProdutos orgánicos probióticos de proximidade
12.    MadeixalazosAlgodón orgánico, gafas TR90 reciclado
13.    Mary KayMaquillaxe, cremas….eco
14.    Refugallo ZeroCosmética e hixiene
15.    Ritello A CoruñaSistema purificación aire
16.    SentiresHolístico e stand informativo
17.    Studio ZCVCosmética, fitness….
18.    ZuccaroDoces saudables