O Club Salvamento Acuático Laracha segue sumando éxitos na Liga

2 minutes read

O Club Salvamento Acuático Laracha (SAL) asinou unha actuación destacada na II Xornada Praia Liga Cadete-Xuvenil e no Campionato Galego de Praia, celebrados na Praia de Gandarío o pasado 10 e 11 de maio. Os socorristas máis novos, nas categorías alevín e infantil, acadaron resultados sobresaíntes que consolidan ao club como un dos grandes referentes galegos da base.

Dominio nas categorías Alevín e Infantil

  • Subcampións na suma das categorías alevín e infantil, confirmando a forza da nosa canteira.
  • 1º posto en alevín femenina 3º posto en categoría alevín.
  • 1º posto en infantil masculina. con  2º posto en categoría infantil.

Resultados individuais destacados

  • Bandeiras na praia alevín feminina:
    • 1ª Carmen Domínguez Fariña
    • 3ª Iria Martínez Manteiga
  • Eslalon de costa alevín feminina:
    • 2ª Jimena Viturro Domato
    • 3ª Carmen Domínguez Fariña
  • Bandeiras na praia infantil masculina:
    • 2º Simón Caamaño Verdía
    • 4º Lucas Chouciño Sotelo
  • Nadar surf infantil feminina:
    • 5ª Julia Insua Rico
  • Nadar surf infantil masculina:
    • 4º Simón Caamaño Verdía

Equipos

  • Salvamento con tubo de rescate infantil feminina:
    • 3º posto (Julia Insua Rico, Sabela Paulos García, Marcela Ponte Viñas, Martina Lavandeira Pose)
  • Salvamento con tubo de rescate infantil masculina:
    • 1º posto (Lucas Chouciño Sotelo, Simón Caamaño Verdía, Izan Rama Pose, Isaac Mancebo Martínez)

Bo papel nas categorías Cadete e Xuvenil

  • 3º posto en cadete feminina e 4º posto en cadete masculina.
  • 4º posto en xuvenil feminina e 8º posto en xuvenil masculina.

Destacados individuais e por equipos

  • Sprint cadete feminina:
    • 1ª Shaila Rodríguez Rodríguez
  • Sprint cadete masculina:
    • 2º Pedro Caamaño Verdía
  • Nadar surf cadete masculina:
    • 3º Pedro Caamaño Verdía
  • Relevo sprint cadete feminina:
    • 2º posto (Shaila Rodríguez Rodríguez, Ángela García Pazos, Martina Díaz Franco, Paula Vilar Romero)
  • Sprint xuvenil feminina:
    • 3ª Iria Barreiro Matos
  • Relevo sprint xuvenil feminina:
    • 3º posto (Iria Barreiro Matos, Gabriela Paulos García, Sofía Mata López, Daniela García García)

Estes magníficos resultados, xunto cos acadados na primeira xornada, reforzan a posición do Club Salvamento Acuático Laracha entre os mellores de Galicia. O esforzo, a dedicación e o espírito de equipo dos seus socorristas son a clave deste éxito.

Coa terceira e última xornada aínda por disputar, o club mantén intactas as súas aspiracións de seguir sumando éxitos e acadar os postos de honra na clasificación final.