O Concello oferta un novo obradoiro de costura creativa e upcycling téxtil dirixido a todos os públicos que pretende achegar á veciñanza ferramentas prácticas coa fin de alongar a vida útil do armario e transformar a relación coa moda a través do deseño circular.
O taller realizarase o venres da semana que vén, día 4 de decembro, no Edificio Administrativo da Laracha en horario de 17:30 a 20:00 horas. Nel explicarase como transformar un pantalón vaqueiro en desuso nunha bolsa tote bag resistente e funcional, aproveitando elementos orixinais como petos e costuras.
Aquelas persoas que dexesen inscribirse poden facelo en liña na web municipal de actividades ou presencialmente na Casa da Cultura. Para participar soamente terán que achegar un pantalón vaqueiro vello como material.
A proposta, que se realizará baixo o lema “Non é roupa vella, é un proxecto esperando comezar”, parte dunha idea sinxela: a peza máis sustentable é a que xa temos. Así, o obradoiro aposta pola economía circular centrada en reparar, transformar e reimaxinar en lugar de desbotar téxtiles con vida útil.
