A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) celebra o seu 35 aniversario este venres, 17 de outubro, ás 18:00 horas, na Cidade da Cultura de Santiago, nun acto que congregará a preto de 800 persoas representativas das administracións públicas locais, provinciais e autonómicas, así como do tecido empresarial e social, de persoas voluntarias, representantes do movemento asociativo da Organización e de iniciativas de economía social pertencentes a COGAMI Empresarial.
Concello de Carballo. Premio COGAMI á iniciativa institucional. Recoñece o labor levado a cabo por unha entidade pública ou privada sen ánimo de lucro que teña destacado polo apoio á discapacidade ou por emprender accións que contribúen á plena inclusión e participación na sociedade das persoas con discapacidade en igualdade de condicións. Recollerá o premio o alcalde Daniel Pérez que lle entregará o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso.
Este evento, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia de Turismo de Galicia, da Fundación “la Caixa”, COGAMI Empresarial e da Fundación da Cidade da Cultura de Galicia, estará presentado polo humorista, Roberto Vilar, e a locutora de radio Eva Millán. Farase entrega dos Premios COGAMI 2025, que recoñecen a traxectoria e o compromiso de persoas, institución e empresas. Nando Álvarez, escultor galego internacionalmente recoñecido, foi o encargado de dar vida a estes galardóns, pezas únicas talladas en madeira, que simbolizan o camiño cara ao crecemento persoal, a autonomía e a inclusión social.
A xornada continuará coas interpretacións a cargo de persoas usuarias do centro de atención diúrna de COGAMI en Mos e da asociación AMBAR de Ribeira, e música en directo da man de Kim García Trío (contrabaixo), Jacobo de Miguel (piano) e Noli Torres (batería), acompañados por Carmen Rey (voz).
Durante o evento farase entrega dos Premios COGAMI 2025, que nesta edición recaen en:
Concello de Carballo. Premio COGAMI á iniciativa institucional.
Vegalsa-Eroski. Premio COGAMI ao labor empresarial.
Ángel María Carracedo Álvarez. Doutor e Investigador. Premio “Domingos Dosil” á traxectoria persoal.
José Luis Costoya Quintela. Premio Honorífico a un compañeiro de Cogami que foi presidente da entidade Amarai.
Autoridades confirmadas
Anxo Queiruga, o presidente de COGAMI, será o primeiro en intervir co seu discurso institucional no que fará un repaso por estes 35 anos de traxectoria da Organización. A continuación, tamén intervirán o subdirector xeral social de Fundación Bancaria “la Caixa”, Marc Simón; o vicepresidente Executivo de Fundación ONCE, Alberto Durán; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; e pechará o acto a intervención do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.
Outras autoridades que acompañarán a COGAMI neste evento son o presidente do Parlamento galego, Miguel Ángel Santalices; a conselleira de Política Social, Fabiola García; e o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, que estarán acompañados de secretarios xerais e directores xerais de diferentes consellerías da Xunta de Galicia.
Contarase tamén coa presenza de Ana Pontón, voceira nacional Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego; a secretaria xeral do PP de Galicia, Paula Prado del Río; a deputada de Política Social da Deputación da Coruña, Mar García; o subdelegado do Goberno de A Coruña, Julio Abalde; Olalla Rodil, vicevoceira primeira e responsable da Área de Política Social, Igualdade e Ciencia; Óscar Insua Lema, Deputado BNG; Lara Méndez López, vicevoceira do Grupo Parlamentario Socialista e secretaria de organización do PSdeG-PSOE; Silvia Longueira, deputada do Grupo Parlamentario Socialista e voceira en materia de Política Social e Raquel Arias, do Grupo Parlamentario Popular de Galicia.
Dende Madrid tamén chegan deputados para acompañar no aniversario, estando confirmados Francisco José Conde, María Adrio Taracido e Rafael Rodríguez Villarino.