O Concello de Malpica adxudica as obras de renovación no Campo de fútbol municipal de Pedra Queimada

1 minutes read

O Concello de Malpica ven de adxudicar as obras de mellora do Campo de fútbol municipal de Pedra Queimada á empresa MONDO IBÉRICA SAU, por un importe total de 216.162,94 euros. Actuación que o goberno municipal decicíu incluír no Plan de Obras e Servizos (POS +) 2025. A intervención permitirá modernizar estas instalacións deportivas mediante a substitución do céspede artificial, a renovación do sistema de rego, a instalación de novos banquiños e o acondicionamento das barras de protección do perímetro con acolchado, co obxectivo de mellorar a seguridade e o confort das persoas usuarias. O prazo de execución dos traballos establécese entre o 29 de maio e o 29 de agosto, período durante o cal se levarán a cabo as distintas intervencións previstas. Con esta actuación, o Concello de Malpica reafirma o seu compromiso coa mellora das infraestruturas deportivas municipais, favorecendo a práctica do deporte en condicións óptimas e seguras.