Os traballos executados tiveron un investimento total de 12.600 euros, e consistiron na reforma integral dos baños da planta baixa, así como no cambio das xanelas do corredor e na substitución da porta do comedor, actuacións que permitirán mellorar as condicións das instalacións e o seu uso diario pola comunidade educativa.
A concelleira de Educación, Noelia Freijeiro, destacou que “esta actuación responde á necesidade de manter en bo estado os centros educativos do municipio, garantindo espazos máis cómodos, accesibles e adecuados para o alumnado e o persoal docente”.
Pola súa banda, o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, subliñou que “desde o goberno municipal seguimos apostando pola mellora das infraestruturas educativas, porque investir nos colexios é investir no benestar das familias e no futuro do noso concello”.
Desde o Concello lembran que este tipo de intervencións forman parte do compromiso municipal coa conservación e modernización dos edificios públicos, atendendo ás necesidades das distintas parroquias.