A actuación, financiada a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, incluíu melloras en 375 metros divididos en tres treitos distintos.
En dous deses treitos procedeuse á limpeza de gabias a ambas marxes e á mellora da capa de rodaxe con cinco centímetros de aglomerado en quente. No que respecta ao último treito, limpáronse, do mesmo xeito, as gabias a ambas marxes e mellorouse a capa de rodaxe con tratamento asfáltico superficial e rego de selado en toda a plataforma.
O concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez, insistiu na importancia “de seguir mellorando pouco a pouco o noso rural. É a nosa liña de actuación e así seguiremos, xa que é esencial para mellorar os desprazamentos da nosa veciñanza, a accesibilidade aos diferentes núcleos e incrementar a seguridade peonil e viaria”.
52