A Casa da Cultura de Vimianzo acollerá este 6 de novembro a terceira edición do Foro Atlántico Empresarial co que SEA pretende seguir creando espazos de diálogo entre empresarios, técnicos e representantes das administracións públicas.
Esta edición estrutúrase en catro bloques temáticos:
- Os parques empresariais como infraestruturas especializadas: os beneficios para a empresa.
- Administración pública e desenvolvemento económico: Incentivos e programas de axuda.
- Financiación para empresas.
- As empresas na Costa da Morte: Crecemento e perspectivas.
No primeiro, os avogados de SEA expertos en Urbanismo, Antonio Quintela e José Rey Hermida, explicarán as condicións e vantaxes que para o empresariado supón formar parte dun parque empresarial.
A segunda mesa de diálogo estará composta por Belén Fernández Rebolleda, responsable de Oficinas na Zona Norte do Igape; José Carlos Díaz, técnico de proxectos do Programa de Emprego Local da Deputación da Coruña; Guillermo González Díez, xerente do GALP Costa da Morte; e José Antonio Vila García, xerente do GDR Costa da Morte.
Miguel Ángel García Rey, director de zona de Abanca; Miguel Salvado Corral, director de Especialistas en Financiación Multiproducto en Galicia do Banco Sabadell; e Enrique A. González Iglesias, socio de Mercantil e Mercado de Capitais en EJASO, falarán de financiamento para empresas. E Germán Lema Suárez, director xerente de Gerca Acero y Metal; Iván Pardiñas Blanco, administrador de Gambaru Power; e Valentín García Rodríguez, director xerente de Norgalicia Formigón expoñerán como é a súa bagaxe empresarial formando parte do polígono de Vimianzo.
Por último, a doutora en Dereito Civil e PPL da Universidade de Santiago de Compostela, Belén Trigo, pechará esta terceira edición do Foro relatorio baixo o título de «Reflexións presentes e futuras de dotación e adquisición de solo industrial».
