O cupón da ONCE reparte 640.000 euros en Carballo


Juan Antonio Lamas Becerra, vendedor da ONCE en Carballo, repartiu este martes na vila cinco cupóns que resultaron agraciados, un deles con 500.000 euros e outros catro con 35.000 euros cada un. De momente descoñécese a identidade dos afortunados. En todo caso, Juan Antonio, que ten o seu posto de venda habitual na céntrica rúa Coruña, afirma estar moi contento.