O pasado domingo 15 de novembro, Hugo Tuñas Maneiro, da Agrupación Deportiva Fogar, estableceu un novo Récord Galego sub-16 na distancia dos 5 quilómetros en ruta no circuíto homologado da Carreira Popular Clásica de Negreira, unha cita de referencia no calendario autonómico onde o noso corredor amosou un estado de forma excepcional. Cun gran ritmo dende o disparo de saída, Tuñas cruzou a liña de meta cun rexistro oficial de 16:18, tempo que xa foi ratificado pola Federación Galega de Atletismo como a mellor marca autonómica de sempre na súa categoría. Máis alá do valor histórico do crono, a actuación de Hugo Tuñas en Negreira destacou pola súa superioridade competitiva fronte a rivais de maior idade ao proclamarse vencedor da categoría sub-16 e acadando un brillante cuarto posto na clasificación absoluta da carreira.
Outro récord dos da A.D. Fogar na fin de semana foi o de Marcos García Teixeira-Dinis na segunda das xornadas do Circuíto Deputación de A Coruña celebrado na Universitaria de Elviña. Marcos estableceu o récord do club da categoría dos 10 anos no concurso de altura cun salto de 96 cm.
0
