O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, presentará este venres, 4 de setembro, a programación escénica da súa 35ª edición. A cita será a partir das 19.30 horas no Auditorio do Pazo da Cultura e contará coa participación dos representantes do Concello de Carballo, a dirección do festival e as entidades patrocinadoras (Xunta de Galicia, Deputación da Coruña e Fundación Luis Calvo Sanz), que estarán acompañados por socios de Telón e Aparte, compañías e artistas participantes, prensa e convidados. O acto está aberto a todos os públicos que desexen sumarse, xa que, o espectáculo Unha señora orquestra, da compañía Torta Torta, poderá verse durante o acto de presentación deste #FIOT35, con entrada libre ata completar a capacidade da sala.
0
