15
O gran foguete Starship da empresa SpaceX explotou no aire por motivos aínda por determinar despois dun exitoso despegamento, aínda que os enxeñeiros da compañía sinalaron que daban por boa a proba. A compañía sinalou: “Coma se a proba de voo non fose o suficientemente emocionante, Starship experimentou un rápido desmonte non programado antes da etapa de separación”. De feito, o xefe de SpaceX, Elon Musk, felicitou este xoves aos equipos da súa empresa pouco despois do primeiro despegamento do enorme foguete Starship e prometeu unha nova proba “nuns meses”. Starship, o foguete máis grande do mundo, ten por obxectivo transportar persoas e carga á órbita terrestre, a Lúa e Marte.