A sede do Galp Costa da Morte acollerá este martes unha xornada informativa das axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo no marco do Fondo Europeo de Pesca e Acuicultura 2021-2027, correspondentes ao ano 2026.
Coa publicación, da orde de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento Local Participativo no marco do Fondo Europeo de Pesca e Acuicultura 2021-2027, correspondentes ao ano 2026 no DOGA do 16 de xaneiro de 2026, ábrese o prazo para a presentación de solicitudes de axuda.
A xornada está dirixida a toda empresa, autónomo, asociación, confraría de pescadores, concellos e entidades interesadas en obter información desta liña de axudas ou que estean pensando en solicitar unha axuda nesta convocatoria.
A Xornada estará dirixida polo equipo técnico do Galp Costa da Morte inclúe a presentación da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo do GALP Costa da Morte, información sobre liñas de apoio e axudas , así como requisitos e novidades respecto das convocatorias anteriores.
As axudas, promoverán proxectos que valoricen o territorio, creen emprego, e fomenten a participación de mulleres e mocidade como relevo xeracional en actividades do sector pesqueiro ou ligadas ao territorio, fomentando a economía azul , a creación de emprego e actividade económica, a posta en valor dos produtos do mar e o impulso do aproveitamento do patrimonio cultural e medioambiental.
Día: Martes, 20 de Xaneiro de 2026
Hora: 17:00 a 19:00 h.
Lugar: Sede do Galp Costa da Morte, Lugar da camposa S/N, Centro de Artesanía e Tradición (CAT) ( Antigo centro comarcal, Buño, Malpica de Bergantiños (A Coruña)