Acolleu na mañá deste sábado unha degustación gratuíta de peixe da lonxa de Laxe, protagonizada polos cociñeiros Iván Domínguez e Miguel Mosteiro. A actividade enmárcase na campaña de promoción da Confraría de Pescadores de Laxe, destinada a poñer en valor a pesca costeira artesanal e fomentar o consumo de produtos do mar locais.
Entre as 12.00 e as 14.00 horas servíronse case 400 racións gratuítas en tres elaboracións distintas: salpicón de raia con caldo de pementos encurtidos; escabeche de xurelo e caldeirada de carioca. Todas as receitas foron elaboradas con peixe procedente da lonxa de Laxe, seleccionado polo propio Iván Domínguez na súa visita habitual á lonxa, onde adquire o produto que utiliza no seu restaurante Nado (A Coruña).