O nadador Julio Martínez, bronce no Nacional Máster de Verán 2026

1 minutes read

Julio E. Martínez Fajardo representou á A.D. Fogar no XXXVI Campionato de España Open de Natación Máster de Verán celebrado no Centro Deportivo Municipal Las Norias de Logroño do 2 ao 5 de xullo. Este nacional de verán contou cunha participación récord histórica de 198 clubs e 1.588 nadadores-as (872 homes e 716 mulleres). Dentro da categoría de máis de 55 anos (+55), Martínez Fajardo asinou unha gran actuación global. O seu logro máis destacado chegou na proba dos 200 metros bolboreta, onde logrou subir ao podio para colgarse unha merecida medalla de bronce. Julio participou tamén nos 100 bolboreta, proba na que foi 6º, nos 200 braza onde rematou 9º e os 200 libres nos que asinou a 14ª praza.