O Obradoiro volve á ACB dous anos despois

0 minutes read

Faino como campión da fase regular da Primeira FEB, e logo dun pulso histórico co Leyma Coruña resolto, en parte, grazas á vitoria santiaguesa no derbi. E cun desenlace épico, no Sar, nun partido contra Gipuscoa que definía o futuro dos dous equipos. O Obradoiro ascende, e o Leyma terá que disputar o play off. O equipo santiagués destapouse na segunda metade e senteciou no último cuarto. Sergi Quintela liderou ao equipo galego para rubricar o ascenso (86-68) dous anos despois de perder a máxima categoría.