O outono cultural de Vimianzo arrincará este sábado coa obra ‘Soga e Cinsa’

0 minutes read
  • Será no auditorio da Casa da Cultura a partir das 20:30 horas

O Concello de Vimianzo dará o pistoletazo de saída á programación do seu outono cultural coa representación de ‘Soga e Cinsa’, da compañía Aporía Escénica. Será este sábado no auditorio da Casa Cultura a partir das 20:30 horas.

Esta obra pretende explorar o universo da muller, a comunidade e a ecoloxía. As entradas poderán mercarse no portelo da Casa da Cultura de luns a venres, de 09:00 a 14:00 horas, e tamén en woutick.es.