O Partido Galego carballés pide melloras en varias pistas da parroquia de Entrecruces

1 minutes read

O representante da formación a nivel local, José Luís Bardanca, presentou unha moción na que afirma que existen unha serie de pistas municipais da parroquia de Entrecruces que resultan de novo intransitables tras o seu arranxo fai uns meses. En consecuencia, sinalaba que unha da acceso ao Centro Social e outra a de Agra comunica coa igrexa parroquial, polo que o seu abandono está prexudicando a xente non só das aldeas directamente afectadas, senón tamén a outras da mesma parroquia que por diferentes razóns teñen que transitar por elas. Por iso, pídenlle ao Goberno local que se poña mans á obra de forma urxente para atallar esta problemática antes da chegada inminente do inverno, dado que non faría máis que empeorar esta situación.

Membros do Partido Galego con veciños afectados de Entrecruces.