No apartado de obras, o POS+ 2026 inclúe as seguintes actuacións:
• Bombeo de augas residuais en Seaia, cun investimento de 198.439,04 €.
• Mellora da cantina e das instalacións do Campo de fútbol de Pedra Queimada, por un importe de 92.386,32 €.
Así mesmo, no apartado de gasto corrente, o Concello destinará un total de 266.209,46 € ao financiamento de servizos municipais.
Dentro do Plan Complementario, aprobáronse tamén as seguintes actuacións:
• Mellora da eficiencia enerxética do Campo de fútbol de Xaviña, cun investimento de 59.993 €.
• Acondicionamento e mellora das instalacións das Escolas de Pontella, por un importe de 58.740,96 €.
A proposta do POS+ 2026 quedou aprobada con 6 votos a favor e 6 abstencións.
Durante a sesión plenaria tamén se debateron varias mocións presentadas polos grupos municipais.
Por parte do BNG, presentouse unha moción para a defensa e recuperación da sanidade pública, que foi rechazada con 6 votos a favor e 6 en contra. Así mesmo, debateuse unha moción relativa ás consecuencias para a frota artesanal galega da entrada en vigor do regulamento europeo de control da pesca, que foi aprobada por unanimidade.
O PSOE presentou dúas mocións:
• Unha sobre o servizo de médico de familia no Centro médico de Buño.
• Outra sobre o servizo de pediatría no Centro médico de Malpica.
Ambas foron rechazadas con 6 votos a favor e 6 votos en contra.
Pola súa banda, o Grupo Municipal do Partido Popular presentou unha moción sobre a necesidade de que o Goberno de España flexibilice e adapte as obrigas do regulamento europeo de control da pesca á realidade da frota artesanal galega, que foi aprobada con 6 votos a favor e 6 abstencións.
O Concello de Malpica continuará informando da tramitación e execución das actuacións incluídas no POS+ 2026.