O PP rexistrou no Congreso unha iniciativa que recolle a preocupación que existe en Camariñas polo peche do ISM

1 minutes read

O Partido Popular rexistrou no Congreso dos Deputados unha iniciativa que recolle a preocupación que existe en Camariñas polo peche do ISM, recollida e trasladada pola portavoz municipal, Paula Mouzo Mas.A través da parlamentaria Rosa Quintana e doutros congresistas do Grupo Popular presentarónse varias preguntas para interesarse polo peche da oficina do ISM de Camariñas.

Para Paula Mouzo, “En Camariñas existe preocupación polo peche dunha oficina que presta un servizo moi importante para os mariñeiros e polo tanto solicitamos explicacións ao goberno de Pedro Sánchez e solicitamos que se subsane esta situación o antes posible”.

Segundo a portavoz popular mediante esta iniciativa parlamentaria pretendemos saber “cando volverá a estar operativa esta oficina, realmente porqué se chegou a este punto e non se buscou unha alternativa e cales son as previsións do goberno central”.