41
O Grupo Municipal Socialista de Corcubión ven de presentar pola sede electrónica unha moción que se debatirá no pleno ordinario que se celebra o próximo venres 18 de xullo ás 20:00 horas na Casa do Concello.
A moción ven a solicitar uns informes á secretaría-intervención do Concello sobre a necesidade de ter unha nova ordenanza que regule as sancións, o uso de cámaras e as condicións de residentes e excepcións nos usos de vías. Ademais solicítase a A paralización total deste proxecto ata que exista unha normativa que así o regule, que sexa previamente negociada e aprobada polo pleno da corporación.