O PSOE de Malpica pide que a Xunta restableza o servizo médico ampliado en Buño

1 minutes read

Os socialistas afirman que recollen diversas queixas de usuarios e usarias, dado que actualmente, a atención préstase únicamente de 9:00 a 11:00 horas, en contraste co horario habitual que ía de 8:00 a 14:00 horas.

Ademais, non se están asignando citas con máis dun mes de antelación e as urxencias derívanse aos hospitais, dado que no P.A.C. de referencia, en Carballo, o servizo de Urxencias non comeza ata as 15:30 horas.

Dende o PSOE de Malpica denuncian «falta de compromiso autonómico e municipal» e anuncian que emprenderán varias accións co fin de que se restableza o servizo médico coas mesmas condicións que antes, polo que no pleno ordinario do 29 de xaneiro presentarán unha moción instando á Xunta de Galicia a restablecer o servizo médico en Buño, afirmando que se tras 7 días de presentada a moción no pleno non se restablece o servizo anterior, proporán á veciñanza realizar unha recollida de firmas de protesta.