O SAL asinou unha destacada actuación no Campionato de España Infantil e Cadete de Praia, disputado en Cantabria

6 minutes read

O Club Salvamento Acuático Laracha – SAL asinou unha destacada actuación no XXXVIII Campionato de España Infantil e Cadete de Praia, disputado en Laredo (Cantabria), onde a expedición larachesa volveu demostrar que o traballo desenvolvido durante anos na base continúa dando os seus froitos. Máis alá dos excelentes resultados, este campionato confirmou a fortaleza dunha xeración de deportistas chamada a manter ao club entre a elite do salvamento e socorrismo español durante os próximos anos.

Ata trece deportistas do SAL lograron a clasificación para este Campionato de España tras unha brillante tempada autonómica, representando con orgullo ao club nun dos escenarios máis esixentes do calendario nacional. O rendemento colectivo, especialmente nas probas de remudas, puxo de manifesto o compromiso, a unión e o espírito de equipo que caracterizan á entidade.

O balance final da expedición foi de catro medallas nacionais, cun ouro e tres bronces, todas elas conseguidas en probas de remudas, confirmando que a forza do SAL reside na súa capacidade para competir como equipo. A estes éxitos súmase unha destacada colección de cuartos postos, as coñecidas como medallas de chocolate, que evidencian o altísimo nivel competitivo da expedición e o preto que estivo o club de incrementar aínda máis o seu medalleiro nacional. Un éxito colectivo que permitiu ao club proclamarse terceiro mellor club infantil de España e mellor equipo infantil feminino de España, dous fitos históricos que avalan o excelente momento deportivo que atravesa a entidade e o gran nivel da súa canteira.

Un equipo que fai historia nas remudas

As remudas volveron converterse no mellor reflexo da filosofía do Club Salvamento Acuático Laracha – SAL. A coordinación, a confianza e o traballo compartido permitiron conquistar catro medallas nacionais fronte ás mellores entidades do país.

Categoría Cadete

🥉 Bronce no Rescate con Táboa Feminino, conquistado por Julia Insua Rico e María García Ferreiro.

🥉 Bronce na Remuda Triada Mixta, formada por Darío González Santos, David Becerra Ramos, Hugo Ferreño Varela, Julia Insua Rico, María García Ferreiro e Noa Queijo Couselo.

4.º posto no Rescate con Táboa Masculino.

4.º posto na Remuda de Táboa Masculina.

5.º posto na Remuda Sprint Masculina.

11.º posto na Remuda de Táboa Feminina.

12.º posto no Salvamento con Tubo de Rescate Masculino.

Categoría Infantil

🥇 Campioas de España na Remuda Sprint Feminina, formada por Carmen Domínguez Fariña, Julia Bolón Collazo, Noa Queijo Couselo e Sabela Paulos García.

🥉 Bronce na Remuda de Táboa Masculina, conquistado por Borja Blanco López, Joel Landeira Suárez e Lucas Chouciño Sotelo.

4.º posto na Remuda de Táboa Feminina.

4.º posto no Salvamento con Tubo de Rescate Feminino.

5.º posto na Remuda Triada Mixta.

8.º posto na Remuda Sprint Masculina.

8.º posto no Salvamento con Tubo de Rescate Masculino.

As medallas foron a recompensa visible dun extraordinario traballo colectivo, pero tamén dun excelente rendemento individual que permitiu ao SAL situar numerosos deportistas entre os mellores de España.

Resultados individuais

Categoría Cadete

María García Ferreiro: 4.ª en Banderas na Praia.

Hugo Ferreño Varela: 4.º en Sprint e 6.º en Carreira con Táboa de Salvamento.

Darío González Santos: 9.º en Carreira con Táboa de Salvamento e 13.º en Nadar Surf.

Simón Caamaño Verdía: 11.º en Carreira con Táboa de Salvamento.

Julia Ínsua Rico: 14.ª en Nadar Surf.

Categoría Infantil

Noa Queijo Couselo: 6.ª en Banderas na Praia.

Julia Bolón Collazo: 7.ª en Banderas na Praia e 6.ª en Carreira con Táboa de Salvamento.

Carmen Domínguez Fariña: 8.ª en Banderas na Praia e 15.ª en Carreira con Táboa de Salvamento.

Lucas Chouciño Sotelo: 9.º en Carreira con Táboa de Salvamento.

Joel Landeira Suárez: 15.º en Carreira con Táboa de Salvamento.

Borja Blanco López: 16.º en Carreira con Táboa de Salvamento.

Sabela Paulos García: 14.ª en Nadar Surf.

Cómpre destacar tamén a achega de todos os integrantes da expedición, xa que cada punto sumado ao longo do campionato resultou decisivo para alcanzar a histórica clasificación por clubs. O compromiso demostrado polos nosos 15 deportistas: Borja Blanco López, Carmen Domínguez Fariña, David Becerra Ramos, Hugo Ferreño Varela, Hugo Sande Varela, Joel Landeira Suárez, Julia Bolón Collazo, Julia Insua Rico, Lucas Chouciño Sotelo, Manuel Liñares Vilariño, María García Ferreiro, Noa Queijo Couselo, Sabela Paulos García e Simón Caamaño Verdía foi fundamental para facer posible este éxito colectivo.

Recoñecemento ao labor técnico

Desde a Xunta Directiva do Club Salvamento Acuático Laracha – SAL quixeron facer un recoñecemento moi especial ao director técnico, Borja Diez, cuxo traballo foi determinante para os extraordinarios resultados acadados ao longo de toda a tempada e culminados neste Campionato de España.

A súa visión deportiva, a planificación, a capacidade para formar deportistas e a súa esixencia no día a día permitiron consolidar un proxecto baseado na excelencia, facendo medrar a cada un dos integrantes da canteira tanto no plano deportivo como no persoal. Detrás de cada clasificación nacional, de cada medalla, de cada final e de cada éxito colectivo hai incontables horas de preparación, análise e adestramento dirixidas por un técnico que soubo sacar o mellor de todo o grupo.

A Xunta Directiva considera que o traballo realizado por Borja Diez durante esta tempada foi simplemente brillante e quere expresar públicamente o seu máis profundo agradecemento pola súa dedicación, compromiso e profesionalidade. O éxito deportivo que vive hoxe o Club Salvamento Acuático Laracha – SAL non se entendería sen a súa implicación, converténdose nun dos grandes piares sobre os que se sustenta o presente e o futuro da entidade.

Desde a Xunta Directiva do club expresan un sincero agradecemento tamén ás familias e ás persoas colaboradoras que acompañaron á expedición durante toda a tempada e neste Campionato de España. O seu apoio constante, tanto dentro como fóra da competición, constitúe un dos piares fundamentais sobre os que se sustenta o crecemento deportivo e humano do SAL.

O Campionato de España de Laredo deixa moito máis ca un excelente medalleiro. Confirma a consolidación dun proxecto deportivo que leva anos medrando con paso firme e que sitúa ao Club Salvamento Acuático Laracha – SAL entre as entidades de referencia do salvamento e socorrismo español. O que hai apenas uns anos era a ilusión por clasificar deportistas para un Campionato de España é hoxe unha realidade consolidada: unha canteira capaz de competir polos postos de honra nacionais, de proclamarse mellor equipo infantil feminino de España e terceiro mellor club infantil do país. Uns resultados que evidencian que o éxito do SAL non responde a un momento puntual, senón á solidez dun modelo baseado na formación, no compromiso e no traballo en equipo. O futuro do SAL non é unha promesa: xa é unha realidade.