O sector agrogandeiro dentro da economía galega na xornada ‘A Laracha conecta’ O Agro

1 minutes read

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, participou este venres, acompañado do alcalde da Laracha, José manuel López Varela, na xornada A Laracha conecta O Agro, onde salientou a importancia do sector agrogandeiro dentro da economía galega.

Neste sentido, lembrou o papel que xoga Galicia na produción láctea, xa que o 42 % do leite de España obtense na nosa comunidade. Ademais, tamén puxo de relevo o sector cárnico que ademais conta cun indicativo de calidade como é a Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega, sendo o principal indicativo de carnes de vacún con IXP de todo o país.

Os participantes, representantes institucionais, especialistas e profesionais vinculados á agricultura e a gandería, analizan a situación do agro, comparten experiencias e dan visibilidade ás súas oportunidades de desenvolvemento.